Bancos marisqueros en la Ría do Burgo

Recuerda que si necesitas pedir cualquier tipo de marisco para elaborar esta receta, puedes pedirlo directamente on line en marisco a domicilio, donde puedes encontrar marisco gallego de la mejor calidad.

La Xunta ultima un estudio poblacional “exhaustivo, riguroso y real” de los bancos marisqueros de la Ría do Burgo

MAR ULTIMA UN ESTUDO POBOACIONAL “EXHAUSTIVO, RIGOROSO E REAL” DOS BANCOS MARISQUEIROS DA RÍA DO BURGO

  •  A Consellería lembra que o cambio de clasificación de zona C a B implica que se poida desenvolver unha actividade extractiva normal, ao igual que na zona do Parrote e nas outras 90 zonas B existentes Galicia
  • A Consellería amósase sorprendida ante as declaracións da confraría da Coruña sobre a inexistencia de marisco na zona reclasificada, xa que hai nove meses a propia confraría presentou plans de explotación para os seus bancos

 

Santiago, 18 de setembro de 2010.-  A Consellería do Mar está a realizar un estudo poboacional exhaustivo, rigoroso e real dos bancos marisqueiros da Ría do Burgo. Este estudo, executado a petición da confraría da Coruña, está sendo elaborado por biólogos e técnicos dos servizos de marisqueo da Consellería coa finalidade de determinar a cantidade de recurso existente e o seu tamaño nos bancos de a flote e de a pé.

O departamento autonómico de Mar recordou que o cambio de clasificación de zona C a B da parte exterior da Ría do Burgo (dende a Ponte Pasaxe cara a fóra) implica que os mariscadores poidan recuperar a súa actividade extractiva normal e os ingresos propios do seu labor, xa que o marisco extraído se pode comercializar en fresco con todas as garantías tras ser depurado. A situación na que se encontra esta área produtiva é igual á da zona do Parrote na que os mariscadores da Coruña desenvolven a súa actividade con total normalidade, ao igual que nas outras 90 zonas B existentes en Galicia. A Consellería do Mar insiste firmemente en que esta reclasificación está avalada pola garantía e validez das analíticas realizadas  polo Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño).

Por outra banda, a Consellería amósase sorprendida ante as declaracións da confraría da Coruña sobre a inexistencia de marisco na zona reclasificada, xa que hai nove meses a propia confraría presentou plans de explotación, que foron aprobados pola Consellería, cunha previsión de 80 días de traballo para a modalidade de a pé e 190 días para a de flote. Isto implica o recoñecemento dos mariscadores de que habería marisco suficiente para poder traballar todos eses días, xa que os plans son propostos e aprobados en función do estado do recurso, entre outros factores.

En canto á suposta inexistencia de marisco nas zonas de marisqueo a flote, a Consellería do Mar amosa a súa incerteza ante as causas, xa que nestas áreas non se dá presenza de furtivos, motivo que aduce a confraría da Coruña para as zonas de marisqueo a pé. Nesta liña, a Consellería recordou que a confraría da Coruña recibiu dende o 2007 máis  de 6,6 millóns de euros destinados a labores de rexeneración orientados ao mantemento da potencialidade produtiva de cara o momento no que se puidera recuperar a actividade extractiva normal, como agora acontece.


Si buscas un vuelo, aqui los tienes baratos


Esta entrada fue publicada el Martes, Septiembre 21st, 2010 at 8:21 Bajo la categoria Sin categoría. Puedes seguir las respuestas a traves del RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

Leave a Reply