Los guardacostas gallegos decomisan 4 toneladas de pescado e identifican a 60 personas

Recuerda que si necesitas pedir cualquier tipo de marisco para elaborar esta receta, puedes pedirlo directamente on line en marisco a domicilio, donde puedes encontrar marisco gallego de la mejor calidad.

FOTO: lapescata.blogspot.com

GARDACOSTAS IDENTIFICA MÁIS DE 60 PERSOAS E INCÁUTASE DE 1.830 ÚTILES DE PESCA NOS ÚLTIMOS QUINCE DÍAS

 El servicio de guardacostas de Galicia ha identificado en los últimos 15 días a más de 60 personas y se ha incautado de 1.830 útiles de pesca.  En cuanto a los decomisos, los agentes aprehendieron cerca de 4 toneladas de pescado y marisco

  • En canto aos comisos, os axentes aprehendéronse de preto de 4 toneladas de peixe e marisco.
  • Un operativo conxunto nas zonas de Cabo de Cruz, Palmeira e Ribeira saldouse coa identificación de 41 persoas, a inspección de 28 vehículos e 11 actas levantadas

 Santiago, 1 de outubro de 2010.-  Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar identificaron 63 persoas e incautáronse de máis de 1.830 útiles de pesca en varios operativos realizados nos últimos quince días pola costa galega. En concreto, as operacións desenvolvéronse na mariña lucense, na zona de Ribeira e Coruña e nas rías de Cedeira, Ferrol, Camariñas, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Nestas inspeccións, os axentes aprehendéronse de máis de 3.990 quilos de peixe e marisco.

 Actuacións nas Rías Altas

Nas Rías Altas o Servizo de Gardacostas fíxose con máis de 758 aparellos de pesca, dos cales 350 foron incautados nas zonas de Burela e Foz, onde os axentes aprehendéronse de máis de 122 talibanes e 178 pezas de miños. Nestas inspeccións realizadas pola Ría de Viveiro e a costa lucense, Gardacostas comisou máis de 300 quilos de peixe e marisco.  Entre as especies capturadas atópanse máis de 165 quilos de rape e Xuliana, 35 de raia, 33 de boi e máis de 50 de diversas especies.

 Nas zonas de Cariño e Cedeira, os Gardacostas comisaron neste período 6 quilos de centola; e 11,5 de ameixa, respectivamente. Ademais, en Cedeira os axentes tamén se incautaron de nasas de polbo. Mentres que na zona de Ferrolterra, ademais de identificar dous furtivos en Neda, o Servizo de Gardacostas comisou 15 quilos de ameixa e incautouse de 3 sacos de mallas. Na ría da Coruña os operativos de Gardacostas saldáronse co comiso de 48 quilos de peixe, especialmente centola, e a incautación de máis útiles, entre eles 65 nasas.

 As inspeccións realizadas na Costa da Morte durante os últimos dez días saldáronse coa incautación de 300 aparellos e o comiso de máis de 145 quilos de diferentes especies de peixe e marisco. En concreto, na zona de Camariñas, os axentes incautáronse de 273 aparellos de pesca, entre eles 150 cacharros de polbo e 41 nasas –a maioría de nécora-.

En canto aos comisos, entre os máis de 100 quilos de peixe e marisco cos que se fixo Gardacostas atopábanse, entre outros, 23 quilos de abadexo, 12,5 de camarón, 12 de berberecho e varios de centola, nécora e polbo.

Pola súa banda, na Ría de Muros e Noia comisáronse 8 quilos de polbo de talla antirregulamentaria e na zona de Fisterra, 73,5 quilos de peixe, sobre todo lura, polbo e nécora,  17 nasas de polbo e camarón e 98 cacharros de polbo, que contiñan varios quilos destas especies no seu interior. Unha inspección en Muxía rematou coa aprehensión dunha cacea de 10 nasas de polbo con 15 quilos dentro.

 Inspeccións Rías Baixas

Os operativos levados a cabo na zona das Rías Baixas permitiron a aprehensión de máis de 900 aparellos de pesca e o comiso duns 3.200 quilos de peixe e marisco. Así, un operativo na Ría de Arousa o pasado sábado saldouse co comiso de 274 sacos de mexillón, que contiñan no seu interior más de 3.010 quilos da especie.

Nesta mesma inspección, Gardacostas fíxose con 20 pezas de miños dun quilómetro de largo que contiñan no seu interior 5 quilos de centola e peixe. A ría de Arousa tamén foi o escenario doutras inspeccións durante as que Gardacostas incautáronse, entre outros aparellos, de 249 nasas, ademais de comisar 30 quilos de polbo e 12 doutras especies.

 Na Ría de Pontevedra incautáronse preto de 250 nasas, parte delas de tipo nécora e camarón. Mentres, entre os máis de 11 quilos de especies comisadas, atopábanse 10 quilos de polbo e varios de nécora. Así mesmo, en Ribeira comisáronse 8 quilos de ameixa. Así mesmo, na ría de Aldán os Gardacostas comisaron 67 aparellos de pesca, principalmente nasas, con varios quilos de polbo, e unha embarcación de madeira con foraborda.

 Por último, na zona de Vigo e Baiona, Gardacostas incautouse de preto de 100 aparellos de pesca, entre eles 50 nasas de polbo fondeadas no Cabo Estai e outras 45 sen identificar. Así mesmo, entre os 160 quilos de especies comisadas, atopábanse 140 quilos de pescada de talla antirregulamentaria.

 Operativos especiais

A maiores, o xoves, un operativo conxunto entre Gardacostas e a Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), na zona de Cabo de Cruz, Palmeira e Ribeira, saldouse coa identificación de 41 persoas, a inspección de 28 vehículos e 11 actas levantadas.

Mentres que outra inspección especial na zona de Ferrol, Couto e Neda saldouse coa incautación de 40 aparellos de pesca, o comiso de 132 especies e a identificación de 8 persoas. Entre os útiles aprehendidos atopábanse 13 butróns e varios raños, sachos, caldeiros, salabardos e pranchas de poliespán. Entre as especies comisadas había 120 quilos de ameixa e varios de percebe.

 Así mesmo, axentes de Gardacostas da Consellería do Mar lideraron o domingo un operativo contra o furtivismo na Ría do Burgo que se saldou coa identificación de 6 persoas, a incautación de tres útiles e o comiso de preto de 15 quilos de ameixa. Nesta inspección colaboraron co Servizo de Gardacostas, a Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) xunto con axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña, do Corpo Nacional de Policía da Coruña e da Garda Civil de Oleiros.

 Por último, durante outro operativo especial na Ría de Corcubión, Gardacostas xunto con axentes da Policía Nacional, identificaron sete persoas e comisaron 30 quilos de nécora e varios de camarón e lumbrigante.

Si buscas un vuelo, aqui los tienes baratos

Esta entrada fue publicada el Sábado, Octubre 2nd, 2010 at 5:48 Bajo la categoria Sin categoría. Puedes seguir las respuestas a traves del RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

Leave a Reply