Los guardacostas montan cuatro operativos especiales en Ferrol, Ría do Burgo y Cabo de Cruz en que se identificó a 18 personas

Recuerda que si necesitas pedir cualquier tipo de marisco para elaborar esta receta, puedes pedirlo directamente on line en marisco a domicilio, donde puedes encontrar marisco gallego de la mejor calidad.

GARDACOSTAS INCAUTA MÁIS DE 800 ÚTILES, MÁIS DE 6.000 METROS DE ARTES DE ENMALLE E COMISA MÁIS DE 6 TONELADAS DE PEIXE E marisco NESTE MES DE OUTUBRO

 El servicio de Guardacostas de Galicia incauta más de 800 útiles, más de 6.000 metros de artes de enmalle y decomisa más de 6 toneladas de pez y marisco en este mes de octubre. Además se realizaron cuatro operativos en Ferrol, ría do Burgo y Cabo de Cruz en colaboración con los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado en los que se identificó a 18 personas.

  • Ademais realizou 4 operativos en Ferrol, na Ría do Burgo e Cabo de Cruz en colaboración cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nos que identificou a 18 persoas

 

Santiago,  19 de outubro de 2010.- Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar requisaron máis de 800 aparellos de pesca, 6.200 metros de artes de enmalle e  comisaron máis de 6.200 quilos de peixe e marisco en diferentes inspeccións realizadas no que vai transcorrido do mes de outubro por toda a costa galega.

 Actuacións nas Rías Altas

En Viveiro os axentes incautaron 40 nasas sen balizar e devolveron o polbo que había no seu interior ao mar. Pola súa banda, en Ferrol os gardacostas requisaron 6 salabardos por balizamento indebido con 31 quilos de marisco no seu interior.

Asemade, na Coruña, un control nunha depuradora tivo como resultado a destrución, por falla de garantías sanitarias. de 475 quilos de varias especies, sobre todo ameixa e berberecho.

Neste senso, os inspectores detectaron irregularidades na documentación destas partidas, como falla de documentación dalgúns lotes ou duplicidade de documentación en outras. Amais, no porto coruñés comisáronse 203 quilos de pescada por superar a cantidade permitida.

Tamén na área da cidade herculina, o porto de Lorbé, O Parrote, A Pasaxe e a Torre foron escenarios de diferentes inspeccións, que se saldaron coa incautación dunha cacea de 20 nasas por estar sen identificar, 3 viveiros de rede con 62 quilos de centola ovada e o comiso de 15,5 quilos de ameixa por non acadar a talla regulamentaria. Todo o marisco foi devolto ao mar. Ademais os axentes requisaron a un furtivo 2 raspas e 1,5 quilos de percebe.

 Por outra banda, no concello da Laracha, os gardacostas realizaron unha inspección nunha depuradora, que se saldou co comiso de 212 quilos de ameixa de talla antirregulamentaria.

 As actuacións desenvolvidas na Costa da Morte, nas zonas de Fisterra, Muxía, Camariñas, Corme, Laxe, Malpica e Carnota, tiveron como resultado a aprehensión de 228 aparellos de pesca que se atopaban sen identificar, na súa maioría nasas. Todo o peixe e o marisco que se atopaban no interior – máis de 64 quilos de diversas especies- foi devolto ao mar. Ademais en Corrubedo os gardacostas incautáronse de máis de 2.700 metros de pezas de miños con 53 quilos de distintas especies de peixe e marisco devoltas ao mar e comisaron 76 pezas de centola.

 O control e vixilancia dos Gardacostas tamén se estendeu á cadea de comercialización, xa que un dos obxectivos da Consellería do Mar é evitar que a mercadoría ilegal atope unha saída no mercado. Así, os axentes comisaron nun control nunha estrada do termo municipal de Barreiros 3.663 quilos de pescada e 337 quilos de bonito que transportaba un camión, ao comprobar que unha parte da mercadoría, que proviña de Asturias, superaba o tope permitido de descarga, e o resto carecía de documento de transporte.

Noutro control de estrada en Cee, os axentes de Gardacostas en colaboración cos do Seprona, comisaron 197 quilos de polbo por carecer de documentación e entregárono a dous centros benéficos. No mesmo senso, na praza de Abastos de Padrón, efectivos de Gardacostas comisaron e posteriormente destruíron 4 quilos de ameixa xapónica que carecía de documentación e etiquetado.

 Inspeccións nas Rías Baixas

No que levamos de outubro, na Ría de Arousa os axentes comisaron 3 caceas con 200 nasas por non respectar o descanso semanal, e devolveron ao mar os 40 quilos de polbo e nécora que había no interior. Outras inspeccións na mesma zona saldáronse coa aprehensión da 4 caceas de nasas de polbo que contiñan 75 quilos desta especie e coa incautación de 4 viveiros con 20 quilos de centola e 10 quilos de zamburiña, devoltos ao mar e duns 3.500 metros de artes de enmalle. Ademais nesta zona os axentes requisaron un total de 170 nasas sen identificar e que contiñan 40 quilos de diferentes especies de peixe e marisco que foron devoltas ao mar.

Os Gardacostas realizaron tamén diversos controis nos Lombos do Ulla dende que comezou a campaña de libre marisqueo. Estes tiveron como resultado a incautación de diversos útiles e de 21 quilos de diversas especies a furtivos e co comiso de 52 quilos de ameixa que non superaba a talla legal. Ademais no peirao de Ribeira comisáronse 6,5 quilos de ollomol sen identificar.

 En Pontevedra desenvolvéronse diferentes actuacións que se saldaron co requiso de 5 útiles por non acadar as medidas regulamentarias e de 72 nasas sen identificar nas Cíes. En canto aos controis do transporte e comercialización dos productos do mar, os axentes realizaron varios controis na praza de Abastos, en peixerías e en supermercados da cidade pontevedresa e comisaron 4 quilos de xouba de talla antirregulamentaria, que foron entregados nun centro benéfico. Ademais en Bueu os axentes comisaron 500 quilos de carioca de tamaño antirregulamentario e incautaron a furgoneta que o transportaba. No porto de Vigo os axentes fixéronse con máis de 14 quilos de polbo por non acadar a talla regulamentaria e o entregárono a un centro benéfico da cidade.

Operativos especiais en Ferrol, na Ría do Burgo e Cabo de Cruz

O Servizo de Gardacostas, en colaboración con Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, realizou 4 operativos especiais na primeira quincena deste mes. Destas inspeccións dúas realizáronse na Ría do Burgo, unha na de Ferrol e outra en Cabo de Cruz. Na ría coruñesa os axentes identificaron a 9 persoas,  aprehendéronse de 10 aparellos de pesca e comisaron 47 quilos de ameixa e berberecho que foron resementados na zona. Na ría ferrolá os axentes fixéronse con 25 útiles de pesca e requisaron 49 quilos de ameixa, que foi devolta ao mar. En Cabo de Cruz o operativo saldouse coa identificación de 9 persoas e coa incautación de 15 artes e 7,5 quilos de ameixa e caramuxo.


Si buscas un vuelo, aqui los tienes baratos


Esta entrada fue publicada el Miércoles, Octubre 20th, 2010 at 9:55 Bajo la categoria Sin categoría. Puedes seguir las respuestas a traves del RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

9 Responses to “Los guardacostas montan cuatro operativos especiales en Ferrol, Ría do Burgo y Cabo de Cruz en que se identificó a 18 personas”

  1. true religion outlet Says:

    Youre so cool! I dont suppose Ive read something like this before. So good to find anyone with some unique thoughts on this subject. realy thanks for beginning this up. this website is something that is needed on the internet, somebody with a little originality. useful job for bringing one thing new to the internet!

  2. timberland outlet Says:

    I found your blog site on google and test a number of of your early posts. Proceed to maintain up the very good operate. I just additional up your RSS feed to my MSN Information Reader. In search of forward to studying more from you afterward!?

  3. yeezy boost Says:

    I together with my guys ended up viewing the great information and facts located on your web blog and so at once developed a terrible suspicion I never expressed respect to the web site owner for those strategies. My ladies became for this reason stimulated to study them and now have simply been making the most of them. Appreciate your turning out to be well considerate and also for choosing certain cool resources most people are really desirous to be aware of. My sincere regret for not expressing appreciation to earlier.

  4. adidas nmd Says:

    Good day! I just wish to give an enormous thumbs up for the nice information you may have right here on this post. I might be coming back to your weblog for more soon.

  5. salomon speedcross Says:

    I’m typically to running a blog and i actually admire your content. The article has actually peaks my interest. I am going to bookmark your website and keep checking for new information.

  6. links of london sale Says:

    It抯 arduous to find educated individuals on this subject, however you sound like you know what you抮e talking about! Thanks

  7. hermes belt for sale Says:

    This really answered my downside, thanks!

  8. yeezy boost 350 Says:

    I’m just commenting to let you know of the superb discovery my cousin’s princess developed reading through yuor web blog. She came to find several pieces, including what it is like to possess an ideal teaching heart to get men and women smoothly gain knowledge of several complex topics. You actually did more than people’s expected results. I appreciate you for supplying the important, safe, educational and also cool guidance on this topic to Sandra.

  9. timberland outlet Says:

    There are some fascinating deadlines in this article however I don抰 know if I see all of them middle to heart. There may be some validity but I will take maintain opinion until I look into it further. Good article , thanks and we would like more! Added to FeedBurner as properly

Leave a Reply